Bar Berberecho

Posts By / berberecho

Adíado o Feirón

-

Feirón 2015 adiadoA Comisión das Festas da Guadalupe ven de lanzar o seguinte comunicado explicando a súa decisión de aprazamento de día do Feirón Mariñeiro para este domingo 20 de setembro.

“Nunha das decisións máis complicadas que tivemos que tomar nunca, na Comisión de Festas da Guadalupe tomamos a seguinte difícil decisión:
1. Mañá xoves, día do Feirón, permanece certa incertidume sobre a climatoloxía, pois as fontes dan distintas predicións. A probabilidade de chuvia é baixa e o feirón poderíase celebrar sen moito problema.
2. Con todo, entendemos que a semana foi moi cativa para os negocios que viven das festas: hostalaría e atraccións de feira, que axudan economicamente de forma importante ás festas.
3. Por isto e para rematar a semana cunha boa impresión final, decidimos adiar o Feirón Mariñeiro ao vindeiro Domingo 20.
4. Aínda así, propomos que mañá xoves animedes o pobo con música e alegría, tal como adoitades facer para o feirón, aínda que sexa sen artesanía.
Grazas pola vosa comprensión.”

Bo Nadal

-

BerbeNadal.redimensionado

O Bar Berberecho deséxavos BO NADAL e PRÓSPERO ANO NOVO!

Merca as túas entradas para Celtas Sen Filtro

-

cartel_celtas_sen_filtro_faceO venres 14 e o 21 de novembro ás 21.00h o Grupo de Teatro Airiños de Asados(Rianxo) estrea a súa nova producción “Celtas Sen Filtro” no Auditorio de Rianxo.

A entrada ten un custe de 2€ e podedes mercala aquí, no voso bar favorito(o Bar Berberecho, por se dubidábades).

Tendes máis información sobre a obra na súa páxina web

Nova páxina

-

Benvidos á nova páxina do Bar Berberecho.

Con este novo deseño intentamos darlle un aire máis moderno, aínda que o principal factor de cambio era ter un deseño responsive que permite visualizar tanto a páxina, como as fotografías e os vídeos do Feirón Mariñeiro en dispositivos móbiles.

 

Páxinas:«12