Posts Categorized / Novas
Conta-atrás Guadalupe 2015
Bo Nadal
O Bar Berberecho deséxavos BO NADAL e PRÓSPERO ANO NOVO!
Merca as túas entradas para Celtas Sen Filtro
O venres 14 e o 21 de novembro ás 21.00h o Grupo de Teatro Airiños de Asados(Rianxo) estrea a súa nova producción “Celtas Sen Filtro” no Auditorio de Rianxo.
A entrada ten un custe de 2€ e podedes mercala aquí, no voso bar favorito(o Bar Berberecho, por se dubidábades).
Tendes máis información sobre a obra na súa páxina web
Xa están as fotos do Feirón 2014
Este ano imos a fume de bengala(digo de carozo) e xa tendes as fotos do Feirón Mariñeiro 2014 subidas na páxina web! A música que as acompaña é O Caneco interpretado por Café o Tisón.
Calquera imaxe que puidera ferir os sentimentos de alguén ou causar molestias, fáganolo saber. Grazas.
Fotos do Feirón 2013 xa dispoñibles
Xa tendes como cada ano as fotos do Feirón Mariñeiro 2013 subidas na páxina web. Este ano a demora foi maior xa que estabamos pendentes de rediseñar a páxina web. Desculpas de anteman.
Nova páxina
Benvidos á nova páxina do Bar Berberecho.
Con este novo deseño intentamos darlle un aire máis moderno, aínda que o principal factor de cambio era ter un deseño responsive que permite visualizar tanto a páxina, como as fotografías e os vídeos do Feirón Mariñeiro en dispositivos móbiles.
X Feirón Mariñeiro “A Feira de 1913”
A Comisión de Festas da Guadalupe acaba de facer público o cartaz para o Feirón Mariñeiro deste ano 2013. Agardámovos!