Un ano máis chega setembro e con el as Festas da Guadalupe, ademais semella que novamente con bo tempo. Agardámosvos 🙂
Posts Categorized / Novas
Guadalupe 2018
Merca as túas entradas para Romeo e Xulieta
Guadalupe 2017
Entradas de Hoxe non se paga!
Guadalupe 2016
Unha completa
Isto é unha hamburguesa completa do Berberecho. Con pan e hamburguesa artesanal, queixo, leituga, tomate e cebola.
A quen non lle apetece unha?
Venda entradas Nosa Señora das Nubes
Colgadas as fotos do Feirón 2015
Xa están colgadas as fotos do Feirón Mariñeiro 2015! A música que as acompaña é Os Cabezudos interpretado por Café o Tisón.
Calquera imaxe que puidera ferir os sentimentos de alguén ou causar molestias, fáganolo saber. Grazas.
Adíado o Feirón
A Comisión das Festas da Guadalupe ven de lanzar o seguinte comunicado explicando a súa decisión de aprazamento de día do Feirón Mariñeiro para este domingo 20 de setembro.
“Nunha das decisións máis complicadas que tivemos que tomar nunca, na Comisión de Festas da Guadalupe tomamos a seguinte difícil decisión:
1. Mañá xoves, día do Feirón, permanece certa incertidume sobre a climatoloxía, pois as fontes dan distintas predicións. A probabilidade de chuvia é baixa e o feirón poderíase celebrar sen moito problema.
2. Con todo, entendemos que a semana foi moi cativa para os negocios que viven das festas: hostalaría e atraccións de feira, que axudan economicamente de forma importante ás festas.
3. Por isto e para rematar a semana cunha boa impresión final, decidimos adiar o Feirón Mariñeiro ao vindeiro Domingo 20.
4. Aínda así, propomos que mañá xoves animedes o pobo con música e alegría, tal como adoitades facer para o feirón, aínda que sexa sen artesanía.
Grazas pola vosa comprensión.”