Feirón 2015 adiadoA Comisión das Festas da Guadalupe ven de lanzar o seguinte comunicado explicando a súa decisión de aprazamento de día do Feirón Mariñeiro para este domingo 20 de setembro.

“Nunha das decisións máis complicadas que tivemos que tomar nunca, na Comisión de Festas da Guadalupe tomamos a seguinte difícil decisión:
1. Mañá xoves, día do Feirón, permanece certa incertidume sobre a climatoloxía, pois as fontes dan distintas predicións. A probabilidade de chuvia é baixa e o feirón poderíase celebrar sen moito problema.
2. Con todo, entendemos que a semana foi moi cativa para os negocios que viven das festas: hostalaría e atraccións de feira, que axudan economicamente de forma importante ás festas.
3. Por isto e para rematar a semana cunha boa impresión final, decidimos adiar o Feirón Mariñeiro ao vindeiro Domingo 20.
4. Aínda así, propomos que mañá xoves animedes o pobo con música e alegría, tal como adoitades facer para o feirón, aínda que sexa sen artesanía.
Grazas pola vosa comprensión.”